DeportesÚltima hora

O deporte afeccionado, protagonista da II Guía do Fútbol Provincial de Ourense

Na publicación recóllese información dos equipos da provincia en distintas modalidades e categorías así como contido extra como reportaxes ou entrevistas
bernardino-gonzalez_manuel-baltar_e-_javier-taboada
Gernardino González, Manuel Baltar e Javier Taboada.

A tempada 2016-2017 de fútbol arranca na provincia coa presentación da II Guía de Fútbol “Ourense, a provincia termal”, na que o deporte afeccionado é o principal protagonista. A publicación conta cun total de 260 páxinas a cor con información de todos os equipos de fútbol da provincia, desde a Terceira División ata a Terceira Autonómica, pasando polo Fútbol Feminino ou o Fútbol de Base. Ademais, conta con iformación sobre o estamento arbitral, datos históricos, estatísticas, reportaxes e entrevistas. Editada co apoio da Deputación, esta publicación ten como obxectivo a promoción do fútbol ourensán.

En palabras do presidente da goberno provincial, Manuel Baltar, esta iniciativa, “que non existe en Galicia nin tampouco no panorama nacional”, ofrece a realidade do fútbol da provincia en todas as categorías. O presidente sinalou que co tempo a guía “formará parte da historia do deporte da provincia de Ourense” e afirmou que a Deputación “seguirá colaborando con este proxecto, do cal son protagonistas os deportistas da nosa provincia”.

Javier Taboada, cofundador de Social Media Sports, agradeceu na presentación de hoxe o apoio da Deputación e da Federación Galega de Fútbol e remarcou “a boa saúde” do fútbol provincial, subliñando que a provincia de Ourense “conta con máis de 45.000 deportistas federados, algo que non acontede noutros lugares”, e destacou tamén “o grande número de afeccionados que cada fin de semana asiste aos partidos nos campos de fútbol por toda a xeografía ourensá”.

Esta guía ten unha tirada de 1.000 exemplares e cada un deles terá un custo de tres euros. Segundo informan dende a Deputación, cos cartos recadados coa venda da publicación, faranse actividades de concienciación contra a violencia no deporte.

 

Artigos relacionados

Back to top button