DeportesKárateÚltima hora

O deportista valdeorrés Nicolas Rodríguez, no podio no campionato de karate de Castela e León

O adestrador do KC River Stone do Barco, era terceiro na categoría de veteranos

Nicolás Rodrígguez (segundo pola dereita), no podio co trofeo.

 

Sempre é importante manterse activo pero moito máis se cabe en tempos difíciles como os que se están vivindo. Por iso, o karateka valdeorrés Nicolás Rodríguez (adestrador e responsable do KC River Stone do Barco) está moi contento e orgulloso tras volver subir ao podio nunha competición nacional.

Despois de ser terceiro no campionato galego e tamén na liga nacional de estilos, na mañá deste domingo 9 de maio o deportista repetía posto, desta volta no Campionato Rexional de Clubs e Probas Técnicas por Equipos 2021, organizado pola Federación de Karate e DD. AA. de Castela e León, e disputado no Polideportivo Pilar Fernández Valderrama, en Valladolid.

Nicolás competía na modalidade de kata na categoría de veteranos, sendo superado polo campión de España da categoría. “Antes de ir xa sabía que por moi ben que o fixera só podería optar ao terceiro posto porque nestas competicións é moi difícil desbancar ao actual campión, pero o importante é estar aí, facendo karate e dándoo todo en cada proba como sempre fixen”, aseguraba trala competición, xa de regreso a casa, e satisfeito co seu trofeo e sobre todo “de poder levar o nome do Barco por España adiante”.

 

Os veteranos no podio, saudando ás autoridades.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button