AletismoDeportesÚltima hora

O deportista vianés Carlos Beltrán participará esta fin de semana no campionato de España de atletismo sub 20

Membro do Go Fit Athletics é un dos atletas favoritos en salto de lonxitude acreditando 7,31m en pista cuberta

O atleta de Viana do Bolo, Carlos Beltrán.

 

Malia as restricións e os protocolos hai probas que se seguen desenvolvendo como o campionato de España de atletismo sub 20 que se celebrará a fin de semana do 3 e 4 de outubro no Estadio de Vallehermoso, en Madrid.

Trátase dunha competición que contará cos mellores atletas do país nados en 2001 e 2002, que disputarán as probas de 100m, 200m, 400m, 800m, 1.500m, 5.000m, 110m/100m valados, 400m valados, 3.000m obstáculos, altura, pértega, lonxitude, triple salto, peso, disco, martelo, xavelina, decatlón e 10.000m marcha.

E entre os máis de 500 deportistas que se darán cita en Madrid, se nada o impide, estará o atleta vianés residente na Rioxa Carlos Beltrán Álvarez (Go Fit Athletics), un dos favoritos en lonxitude, acreditando 7,31m en en pista cuberta.

Como parte do protocolo covid, o campionato levarase a cabo sen público e os atletas deberán deixar a instalación como máximo unha hora e media despois de finalizar a competición. Unha competición que seguirá con interese dende Viana do Bolo a familia de Carlos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close