PolíticaÚltima hora

O deputado do BNG Xosé Luís Rivas impartirá unha charla no Barco sobre o medio rural

Está programada para o xoves 26 de xaneiro ás sete da tarde no edificio multiusos do Barco
O deputado do BNG Xosé Luis Rivas “Mini”, nunha das súas intervencións no Parlamento galego.

“Por un medio rural vivo”. É o título da charla que Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, deputado do BNG no Parlamento de Galicia, impartirá o 26 de xaneiro no Barco. Será a partires das sete da tarde no salón de actos do edificio multiusos da vila. Desde o BNG “sempre se considerou o medio rural como un sector estratéxico e chave para a recuperación económica”, destacan dende esta formación política.

Neste acto Rivas Cruz estará acompañado por Suso Vilasánchez e Moncho do Porto, do BNG de Valdeorras. Dende este partido político convídase “a todos/as os valdeorreses a participar no acto e falar dun tema tan vital e que tanta atención precisa”.

Artigos relacionados

Back to top button