PolíticaÚltima hora

O deputado Davide Rodríguez presenta unha iniciativa no Parlamento galego para paliar os danos da pedra

Na súa proposición non de lei pide que se faga unha “avaliación e cuantificación precisa dos danos provocados polo pedrazo nos cultivos agrarios e gandeiros” e que se cree “unha liña de axudas directas para garantir a liquidez das persoas afectadas e compensar as perdas”
Davide Rodríguez de Manzaneda, nunha intervención no Parlamento galego.

O deputado Davide Rodríguez Estévez do grupo mixto vén de presentar no Parlamento galego unha proposición non de lei para o seu debate en pleno. No texto da súa iniciativa lembra que o 8 de xullo “o pedrazo volveu caer con forza, afectando ás plantacións de determinadas comarcas da provincia de Ourense, sendo os Concellos máis afectados os de O Barco de Valdeorras, Rubiá, O Bolo, Monterrei e Verín”.

Tamén indica que, “a falta de confirmacións oficiais, máis de 350 ha poderías estar danadas polo pedrazo, afectando a viñedo, horta e castiñeiro”, e neste senso,vdi que “dende o Grupo Parlamentario Mixto, esixímoslle á Consellaría de Medio Rural que garanta ás nosas produtoras e produtores unhas colleitas dignas en calidade e cantidade para asegurar a continuidade da actividade viticultora e hortícola nunha provincia onde ten unha importante tradición e un peso económico fundamental”.

Ademais na súa iniciativa Davide Rodríguez pide que o Parlamento galego inste á Xunta de Galicia a “facer unha avaliación e cuantificación precisa dos danos provocados polo pedrazo nos cultivos agrarios e gandeiros; e informar de maneira aberta e transparente ao respecto”, así como a “determinar que porcentaxe de cultivos arrasados non están cubertos por seguros agrarios e crear unha liña de axudas directas para garantir a liquidez das persoas afectadas e compensar as perdas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close