PolíticaÚltima hora

O deputado popular Celso Delgado fala de “drástica redución” no investimento para a A-76 nos orzamentos estatais

Asegura que no 2019 os orzamentos xerais do Estado prevén un 82,91% menos de investimento na futura autoavía Ourense-Ponferrada con relación ao 2018
O deputado popular Celso Delgado Arce, no Congreso.

O proxecto de orzamentos xerais do Estado para o 2019 que vén de presentar o goberno central certifica, en opinión do deputado do PP no Congreso Celso Delgado Arce, o “nulo interese que ten por impulsar a autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada”. Nese senso, o parlamentario asegura que “se no 2018 a Lei de Orzamentos Xerais do Estado contemplaba unha consignación total de 4.810.620 € para todos os tramos da A-76, agora para 2019 está prevista unha consignación de tan só 822.290 euros, un 82,91 % menos”.

Entre os datos que destaca, indica que para o tramo A Veiga de Cascallá-O Barco “orzaméntase a ridícula suma de 100.000 euros cando en 2018 o orzamento foi de 3.000.000 euros”. Mentres que no tramo Requejo (León)-A Veiga de Cascallá (Ourense) destínanse na provincia ourensá “67.270 €, cando no 2018 o orzamentado foi de 331.120 €”.

Artigos relacionados

Back to top button