PolíticaÚltima hora

O deputado popular Moisés Blanco reúnese co conselleiro de Economía

Un dos asuntos abordados foi o novo plan Renove da lousa, que se publicará mañá no DOG
O deputado popular Moisés Blanco, co conselleiro de Economía.
O deputado popular Moisés Blanco, co conselleiro de Economía.

O deputado autonómico do PP Moisés Blanco mantiña unha xuntanza o 12 de marzo co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, na que se interesaba por distintos temas relacionados con Valdeorras e, de maneira especial, co sector da lousa.

Neste senso, o titular de Economía anunciáballe que mañá sairá no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova edición do Plan Renove de Lousa, cunha dotación de 200.000 euros para impulsar a renovación de cubertas de edificios de vivendas empregando esta pedra natural.

Ademais Conde explicáballe que a lousa centrará un dos plans operativos sectoriais específicos para as áreas estratéxicas da economía galega que se vai poñer en marcha no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 que a Xunta vén de activar.

Artigos relacionados

Back to top button