EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O desafío do cambio climático no viñedo, obxecto dunha charla do “Mes de Amandi” en Sober

Será impartida o 18 de agosto por Vicente Sotés, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid, experto da O.I.V. en Cambio Climático,

Publicidade
Vicente Sotés, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid e experto da OIV en Cambio Climático./ Cedida.

 

Dentro das actividades do Mes do Amandi, o próximo mércores 18 de agosto ás 19:00 horas terá lugar no Centro Sociocultural de Sober unha conferencia a cargo de Vicente Sotés, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid, experto da O.I.V. en Cambio Climático. A charla terá por título “O efecto do cambio climático, o desafío da adaptación de variedades nos viñedos de Amandi”.

Ao final da súa intervención, o enólogo Alfonso Losada, máster en viticultura e enoloxía, dirixirá unha cata dos viños gañadores do concurso de cata da XLI Feira do Viño de Amandi. O aforo para cumprir coa normativa sanitaria é de 20 prazas. Para participar é preciso anotarse en turismo@concellodesober.com ou na propia Oficina Municipal de Turismo.

 

Alfonso Losada, máster en viticultura e enoloxía, dirixirá a cata posterior á conferencia en Sober./ Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button