CulturaCulturaÚltima hora

“O Desafío do Sil” regresa a Valdeorras con varias proxeccións para rematar o verán

O documental dirixido por Domingo D. Docampo, poderá verse en varias localidades de Petín, en Vilamartín e no Barco

Salto de Santo Estevo.

 

Tras ser proxectado en numerosas salas e tamén festivais, o documenal O desafío do Sil dirixido polo petinés Domingo Díaz Docampo, regresa a Valdeorras para rematar o verán con varias proxeccións previstas para os vindeiros días.

Dentro do programa cultural de Petín, o 25 de agosto proxectarase no Centro Social de Mones (22 horas) e ao día seguinte na Portela (20 horas).

O venres 27 de agosto poderá verse no Centro Sociocultural Santa Lucía en Vilamartín de Valdeorras (20 horas), e xa en setembro, o día 6 pechará a XXX Semana de Cine no Barco de Valdeorras, con dous pases no Teatro Lauro Olmo: un ás 20 horas e outro ás 22:30 horas. No primeiro pase, o propio director estará presente na sala para presentar o documental e manter un coloquio cos espectadores despois da proxección.

Este documental, cunha duración de 65 minutos, está rodado en localizacións da Rúa, O Bolo, Vilariño de Conso, Nogueira de Ramuín, Os Peares… Así como noutras zonas fóra da provincia de Ourense como Quiroga e Ribas de Sil (Lugo) e as comarcas leoneas de Babia, Laciana e O Bierzo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button