OurenseÚltima hora

“O descanso dos Cigarróns”, cartel do Entroido 2019 de Verín

Este traballo, presentado por Ana Isabel Arias López, era o que lograba a mellor puntuación no concurso convocado polo Concello
Imaxe do cartel do Entroido 2019 de Verín. Foto: Concello de Verín.

O cartel presentado baixo o lema “O descanso dos Cigarróns” resultaba gañador do concurso do Cartel Oficial do Entroido 2019, segundo o reconto da votación popular celebrado o día 10 de decembro no Auditorio Municipal do Concello de Verín.

No proceso de votación participaron un total de 590 persoas que puideron valorar o deseño que máis lle gustou dos carteis que concursaban para imaxe oficial do vindeiro Entroido. Tras a suma dos votos da veciñanza, o traballo que máis puntuación acadou foi o número 17 titulado “O descanso dos Cigarróns”, de Ana Isabel Arias López, converténdose así na imaxe desta festa para o próximo ano.

A acta oficial, que reflexa o reconto das votacións, está a dispor do público tanto na Casa Consistorial como na propia páxina web do Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close