En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O descarrilamento dun tren de mercadorías en Sobradelo corta a liña Monforte-Ponferrada

 

Dende as cinco e media desta tarde, aproximadamente, está cortado o tráfico ferroviario na liña (Monforte de Lemos-Ponferrada) debido ao descarrilamento dun tren de mercadorías. O accidente, no que non hai lamentar danos persoais, tiña lugar nas proximidades das piscinas municipais de Sobradelo. O convoi estaba formado por 15 vagóns, todos eles baleiros, segundo o 112 Galicia.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato os profesionais sanitarios do 061, así como a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico e persoal de Adif. Ademais mobilizábase ao  GES Valdeorras e aos bombeiros. Tamén se achegaba ata alí a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González, acompañada dun concelleiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis fotos:
https://osil.info/descarrila-un-tren-de-mercadorias-en-sobradelo/

Vídeos:

Artigos relacionados

Back to top button