OurenseÚltima hora

O deseñador ourensán Roberto Verino participa no Encontro de Deseñadores Históricos Galegos

O vindeiro 3 de agosto lanzará unha colección cápsula inspirada no Camiño de Santiago baixo o título "Caminae"

O deseñador Roberto Verino, natural de Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O deseñador ourensán Roberto Verino participa no Encontro de Deseñadores Históricos Galegos no Camiño Creativo de Santiago xunto con Antonio Pernas, Florentino e Modesto Lomba que se celebrará  mañá martes 20 de xullo no Pazo Liñares (Lalín) ás 19:30 horas.

Trátase dunha iniciativa creada desde España Creativa e impulsada desde a rede de cidades e territorios creativos de España (RECITCREA) con obxectivo de impulsar o emprego e dinamizar o talento emprendedor no marco do Xacobeo 2021 e 2022. “O encontro quere poñer en valor a experiencia destes 4 grandes deseñadores e empresarios que emprenderon os seus proxectos persoais en momentos complicados como o escenario actual”, explican dende a marca Roberto Verino.

A este respecto, Verino lanzará o vindeiro 3 de agosto unha colección cápsula inspirada no Camiño de Santiago baixo o título “Caminae”. Trátase dunha proposta “sport urbano para unha vida en constante movemento que busca a comodidade con estilo”. Con esta colección, Roberto Verino quixo utilizar o Camiño como metáfora de vida, rendendo homenaxe a todas aquelas persoas que diariamente continúan a súa andar con esforzo, perseveranza e ilusión. Un camiño que nos une e no que atopamos compañeiros de viaxe que nos axudan a conseguir os nosos propósitos, demostrando que o importante é sempre o máis sinxelo e que desprenderse do superfluo axuda no obxectivo final, que non é máis que gozar da vida.

“Caminae” inspírase na flor de Santiago como símbolo da forza e da esperanza, no valor histórico e tradicional da nosa cultura galega recoñecida internacionalmente e forma parte do patrimonio cultural mundial.

 

Artigos relacionados

Back to top button