OurenseÚltima hora

O deseñador Roberto Verino ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes

O acto de recepción celebrarase o 18 de xuño no Auditorio de Verín

O modisto Roberto Verino co presidente da Deputación de Ouense, Manuel Baltar.

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co deseñador Roberto Verino, felicitándolle pola súa entrada na Real Academia Galega de Belas Artes.

O acto de recepción celebrarase no Auditorio de Verín o sábado 18 de xuño, nunha sesión extraordinaria da Real Academia Galega de Belas Artes, que recoñeceu o traballo profesional de Verino elixíndoo como académico de número electo dentro da sección “Artes da imaxe”. Roberto Verino lerá o discurso “Aportación da moda galega ao orgullo de país”, e contestará en nome da Corporación o académico de número Xurxo Lobato.

Artigos relacionados

Back to top button