CulturaCulturaÚltima hora

O deseño do barquense Mauro Docampo resulta un dos gañadores do concurso de carteis para o Día da Muller

Este alumno do IES Lauro Olmo ilustrou o libro que recolle a peza teatral Polos Camiños do Tempo
Mauro Docampo Gacio. /Foto cedida.

Non é a primeira vez que os debuxos de Mauro Docampo Gacio (alumno do IES Lauro Olmo do Barco) se fan públicos. De feito os seus deseños ilustran o libro que recolle a obra de teatro Polos Camiños do Tempo. Percorrido teatral pola historia do Barco e Viloira escrita por Gustavo Docampo. Pero desta volta foi a través do concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo, convocado pola Xunta co gallo da celebración do Día Internacional da Muller -8M- para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato de 117 centros educativos de toda Galicia.

A obra de Mauro que ten como lema “Rompamos o teito de cristal”, resultou a ganadora na categoría de 3º ESO. O  premio será entregado polo vicepresidente da Xunta en Santiago o vindeiro día 27 de febreiro coa asistencia do alumnado de 3º da ESO e da profesora titora,Tania Merayo.

 

Cartel de Mauro, ganador na categoría de 3º da ESO.

Artigos relacionados

Back to top button