EconomíaEconomíaÚltima hora

O deseño dos alumnos do Colexio de Rubiá, na campaña dunha distribuidora alimentaria con motivo das Letras Galegas

Alumnos do Colexio de Rubiá.

 

A Xunta de Galicia e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis na promoción da lingua e a cultura galegas co gallo do Día das Letras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe no hipermercado Eroski A Sionlla de Santiago de Compostela a nova campaña conmemorativa dirixida ao sector comercial, con bolsas da compra de papel e carteis coa imaxe do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado neste 17 de maio.

Estes artigos foron deseñados polos alumnos de CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá, gañador do concurso de carteis das Letras Galegas 2022 na categoría de Infantil e Primaria. A acción forma parte dun amplo programa de divulgación e difusión entorno á figura deste escritor promovido pola Xunta.

A través desta iniciativa, ata 176 supermercados e hipermercados Eroski e Autoservicios Familia en Galicia contarán con 500 carteis conmemorativos nas súas instalacións para dar a coñecer a vida e obra deste poeta valdeorrés e pór en valor o seu legado. Tamén cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel e 1.400.000 bolsas de plástico.

 

Presentación da campaña.

Artigos relacionados

Back to top button