CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O desfile da “Ludobatucada”, unha das principais actividades da Ludoteca do Campamento Urbano do Concello de Verín

Este ano xirará entorno á temática dos heroes e das heroínas

A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín programan unha serie de xornadas ateigadas de actividades para os máis novos que terán lugar entre os días 18 e 31 de xullo. Un dos actos principais destes días será o desfile de “Ludobatucada”, o día 24 de xullo, que este ano xirará entorno á temática “dos heroes e das heroínas”.

 

Durante unha actividade do campamento.

 

Entre os días 18 e 19 de xullo terá lugar unha acampada nocturna no Parque da Alameda. Así, despois do descanso da fin de semana, o luns 22 os participantes recibirán a visita de Protección Civil. Ao día seguinte, terán unha xornada de piscina con inflables e o 24 de xullo, con motivo do Día de Galicia, os menores farán un mapa da comunidade e pintarán unha liña coa bandeira.

O día 26 de xullo será o día grande, xa que é o día do desfile da “Ludobatucada”. Os menores da Ludoteca desfilarán polas rúas de Verín dando a benvida á Batucada 2019. A actividade comeza ás 11:00 horas e farán un percorrido circular desde o CEIP Amaro Refojo por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa da Cruz e Praza García Barbón. Rematarán con música e baile na xa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca” no CEIP Amaro Refojo. Así, as actividades da Batucada 2019 seguirán o 29 de xullo coa Festa da Auga e da Escuma.

O 30 de xullo os pequenos participarán no “Rally Támega”, unha competición na que os cativos deben salvar unha serie de probas e obstáculos incorporados no percorrido. A actividade comeza no río Támega, á altura da ponte de Verín, e finaliza na localidade veciña de Pazos. Por último, para despedir o mes, haberá unha actividade de piragüismo, a partir das 10:30 horas no río Támega.

Artigos relacionados

Back to top button