EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O desfile de Jorge De Álvarez cautiva ao público en Viana

O modisto vianés reunía neste evento de moda celebrado este domingo no Toural, as súas últimas coleccións

 

O 2021 está sendo un ano especialmente intenso e positivo para Jorge Álvarez. Con moito traballo e ás veces un pouco estresante, pero interesante e sobre todo gratificante, pois os deseños deste xove estilista, modista e emprendedor natural de Viana do Bolo, traspasaron xa as fronteiras galegas.

De feito o ano comezaba oficialmente proclamándose subcampión nos Premios Nacionais á Moda para Xoves Deseñadores no que representaba a Galicia e, pouco despois, participaba nun interesante proxecto artístico da man de Rubén Riós. Os seus deseños, vestiron xa a cantantes e presentadoras da Televisión de Galicia e hai pouco incluso á sobriña da Raíña Letizia para unha reportaxe na Revista Semana.

 

O estilista e deseñador vianés Jorge Álvarez.

 

E lonxe de rematar o percorrido neste ano, marcado de novo polas restricións derivadas da pandemia, na tarde deste domingo 8 de agosto, Jorge De Álvarez (a súa marca de moda) convertíase en profeta na súa terra, Viana do Bolo, cun multitudinario desfile no Toural (con todos os protocolos Covid) no que presentou as súas catro últimas coleccións.

Presentado polo actor e director Rubén Riós, o evento comezaba co pase de baño de home e de muller, para continuar con Uhuru, inspirada no filme Memorias de África, a colección que puxo a Viana no mapa ao conquistar ao xurado dos premios nacionais de moda. Unha colección con cortes clásicos, volumes, bordados e perlas como fío condutor.

 

 

A terceira colección, inspirada na espiritualidade do Camiño de Santiago, foi a súa aportación ao proxecto artístico “Latexos do rural no Camiño”. Traxes longos con sobre capas en tons amarelos e arena, con coroas como complemento que tamén encandilou ao público de Viana.

Para a cuarta e última colección, titulada Cayetana, Jorge inspirouse no “mundo dos pijos”, creando prendas de estilo máis comercial, en tons pasteis, con plumas, gasas, seda, flocos e moito brillo.

 

As modelos tralo desfile.

 

A ex modelo barquense Diana Ortiz non quixo perder o desfile.

 

Catro coleccións distintas cun denominador común “que cada un pode e debe vestir como queira, sen prexuízos nin importar o que digan os demais”, tal como explicaba o propio deseñador tralo desfile, no momento de dar as grazas a todos os que o fixeron posible. Dende a súa familia, o principal apoio (especialmente a súa nai), ata as modelos, os convidados, o público e o Concello de Viana, entre outros.

 

 

O evento durou algo máis de hora e media e entre pase e pase, contou coa inestimable colaboración do propio Rubén Riós que puxo a nota de humor e tamén a emotiva, adicando unhas verdas á muller. “Viana ten a esencia da muller galega”, dixo, visiblemente emocionado. E non foi para menos xa que unha muller do rural, Nieves Fernández, a quen Riós admira, adicoulle un sentido poema a Jorge. A nota musical ao desfile puxérona Noelia Solleiro e Paulinha d´Arzoá, intepretando dous temas cada unha. Tamén houbo espazo para un par de bailes en plan cómico por parte do público e o sorteo de agasallos.

Un novo reto superado para Jorge. Ata o próximo.

 

 

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button