EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O desfile de moda de Jorge de Álvarez seduce ao público en Viana do Bolo

O estilista, modelo e deseñador vianés, presentaba a súa colección Metamorfosis no barrio do Toural

Apenas un mes despois de ganar o primeiro premio do certame de deseñadores noveis Midnight Fashion Show 2019, do Balneario de Mondariz, Jorge Álvarez presentaba a súa nova colección en casa, en Viana do Bolo, diante da súa familia, veciños e amigos.

Como todo o que fai este polifacétivo xove vianés (modelo, estilista, perruqueiro, modisto, deseñador,…) o desfile previsto para o domingo 11 de agosto no barrio do Toural (incluído na programación festiva do Concello de Viana) espertaba gran curiosidade e non defraudou, con numeroso público atento a cada pase ao longo da rúa.

 

Un dos modelos de Pizpireta, do Barco.

 

A brusca baixada de temperaturas e a ameaza de chuvia na tardiña do domingo poñía aínda máis nervioso ao deseñador, pendiente todo o tempo do ceo. E non sabemos se foi casualidade ou as ameazas do propio deseñador, pero o caso é que no choveu e pasadas as sete e media, a presentadora do evento, Tania Fuegho chegaba nun luxoso coche clásico para dar comezo ao desfile.

Unha pasarela que abría un primeiro pase de baño, con modelos creados por Jorde baixo a marca Jorge de Álvarez Desing. Unha colección en tons brancos e dourados feitos para “resaltar as siluetas feminina e masculina dun xeito estiloso e totalmente atemporal”, en palabras da presentadora.

 

Actuación de Julia Fernández.

 

De seguido tiña lugar o segundo pase do desfile, a cargo da tenda de moda Pizpireta do Barco de Valdeorras. Unha tenda que se caracteriza  “pola súa personalidade e orixinalidade á hora de escoller cada prenda”, en palabras de Tania. En Viana, presentou unha serie de modelos moi variados, unha colección fresca, de verán, con looks casual e tamén de festa para “ser a convidada perfecta en calquera evento”. Os tocados eran de Ledicia del Pont, tamén do Barco de Valdeorras.

 

Un dos deseños da última colección de Jorge de Álvarez Desing.

 

E como non podía ser doutro xeito, o desfile pechábao o pase principal: a nova colección de Jorge de Álvarez, na que levaba meses traballando. Un pase composto por 15 estilismo, un deles o que levaba a propia presentadora, cos que Jorge quixo expresarse a través das cores e dos tecidos variados. Inspirada nos anos 30, cando as mulleres comezaban a usar prendas de corte masculino, os deseños presentan cortes clásicos e transparencias, demostrando unha vez máis que “a elegancia está en insinuar non en ensinar”.

O toque musical da tarde poñíao Julia Fernández de O Bolo e o seu violín, cunha fermosa e emotiva actuación en directo e o broche de ouro, un sorteo final de diferentes produtos e tratamentos de beleza entre todos os asistentes.

 

Jorge Álvarez saudando ao público tralo desfile.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close