CulturaCulturaÚltima hora

O destino e o máis aló, a través da mirada fotográfica de Iván Merayo no Barco

A exposición deste arqueólogo e fotógrafo residente en Monforte inaugurarase na tarde do 17 de novembro
Cartaz da mostra.
Cartaz da mostra.

Tras un percorrido polo cultivo e a elaboración tradicional do liño da man de Carlos García Hervella, chega unha nova proposta expositiva ao Barco no marco do Outono Fotográfico. Trátase de “Por que tapan a dor con flores?” de Iván Merayo (Pontevedra, 1971). A súa inauguración está prevista para o xoves 17 de novembro ás 19h45 no Teatro Lauro Olmo.

Merayo, arqueólogo e fotógrafo afincado en Monforte de Lemos, achega nesta mostra 15 imaxes nas que reflexiona sobre as preguntas que no día a día se fai a humanidade sobre o destino e o máis aló. Tamén se detén nas frustracións dos fracasos que acompañan ao ser humano, unha anguria latente e reincidente, para concluír que a tristura perdura sobre o efémero.

Artigos relacionados

Back to top button