CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Día da Biblioteca celébrase no Barco cun contacontos para bebés

“Onde está o vento”, de Animar-t, representábase na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán o 20 de outubro

Numerosos meniños de menos de tres anos desfrutaban, acompañados dos seus pais e nais, na mañá do 20 de outubro do contacontos “Onde está o vento” de Animar-t. Este espectáculo para bebés tiña como escenario a Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán da vila e con el celebrábase o Día da Biblioteca.

Entre cancións interpretadas en directo, monicreques ou pompas de xabón relatábase a historia de Tareixa, unha nena que descubre un día que o vento desapareceu e inicia unha aventura na súa procura contando coa axuda do público.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button