CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O director da Banda de Música de Sober, na final para facerse cunha praza na London Symphony

O intérprete de tuba Miguel Franqueiro califica a experiencia de participar neste proceso de selección de “única”
Miguel Franqueiro co director titular da London Symphony Orchestra, Simon Rattle.

Está considerada unha das máis importantes do mundo. Do seo da seo London Symphony Orchestra teñen saído importantes bandas sonoras, como a da saga da afamada Star Wars. E nela nunhas probas para entrar nela vén de participar o director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro. Estaban convocadas para cubrir unha praza de tuba.

 

Ensaios da London Symphony Orchestra.

A este proceso de selección téñense presentado máis dun cento de músicos de todo o mundo. Miguel Fraqueiro, natural de Boqueixón, participaba en dúas fases e facía unha lectura a primeira vista. Asegura que foi unha experiencia “única” que lle permitirá darse a coñecer a nivel internacional. Tamén fixo posible que coñecese ao director titular da London Symphony Orchestra, Simon Rattle.

Ademais o director da Banda de Música de Sober lograba chegar á fase final, á que accedían apenas unha decena de persoas. O goberno local do Concello de Sober felicita a Franqueiro e asegura que esta proba lle abrirá “importantes portas para o seu futuro no mundo da música”.

Artigos relacionados

Back to top button