EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O director da “Guía Peñín” cata os viños valdeorreses

Javier Luengo visitaba o CRDO Valdeorras e alí valoraba un cento de referencias desta zona vitivinícola ourensá

O director editorial da “Guía Peñín”, Javier Luengo, achegábase o 7 de xuño ata a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras co obxectivo de catar os viños desta zona para a súa inclusión na vindeira edición da citada publicación. Alí valoraba máis de 100 referencias, enviadas pola práctica totalidade das adegas valdeorresas. Estaba ademais acompañado por un dos membros do seu equipo, Pablo Vecilla.

Con respecto aos tintos, Luengo sinalaba, segundo a nota remitida dende o CRDO Valdeorras, que “a colleita de 2015 de Valdeorras inclúe viños con bastante expresión”. Ademais, “posúen rasgos varietales moi marcados e bocas con moita estrutura, algo que é tendencia nos mercados internacionais”. Os viños tintos de Valdeorras “están moi ben definidios” e “percibimos unha relevante mellora con respecto ao ano pasado”.

No caso dos brancos apuntaba “un gran equilibrio entre froita e madeira”. Case todos os viños brancos que cataba eran de 2015, aínda que tamén había algúns doutras colleitas. “Estanse axustando os tempos de crianza en barrica, o que é moi positivo porque permite que a froita se exprese”, aseguraba. Xunto a isto, as novas referencias de branco de “alta gama”, con crianza sobre lías, achegan un plus diferenciador e “incorporanse ao máis alto dos viños da D.O.”, engadía.

Fotos: CRDO Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button