ConcellosO BarcoÚltima hora

O director de Cáritas, Julio Mourelo, lerá o 1º Pregón do Nadal no Barco o vindeiro día 18 na igrexa de Santa Rita

Este ano o tradicional concerto de panxoliñas estará incluído no culto que se celebrará ás 19 horas

 

O deste 2021 será o primeiro Nadal será o primeiro con Jesús Ávarez á fronte da parroquia do Barco de Valdeorras e por iso a programación presenta novidades con respecto a anos anteriores.

A principal será a inclusión do tradicional concerto de panxoliñas, na eucaristía que se celebrará o sábado 18 de decembro ás 19 horas. Ese día procederase á bendidición do Nacemento, ao encendido das luces e da decoración navideña dentro da igrexa de Santa Rita e por primeira vez, a lectura do pregón do Nadal que correrá a cargo do valdeorrés Julio Mourelo, director de Cáritas e membro do Orfeón Valdeorrés. “É unha persoa moi inqueda, presente e canta actividade cultural se fai e moi querida no Barco, polo que me parece moi significativo que o primeiro pregoeiro, espero que de moitos, sexa unha persoa entrañable como el”, asegura o párroco Jesús Álvarez, adiantando que por mor do Covid, este ano non se pudo facer chamamento aos nenos dos colexios. Os que si actuarán serán un grupo de nenos da catequese, o coro de San Mauro e o Orfeón Valdeorrés. Este último dará un pequeno concerto despois da misa.

 

Julio Mourelo lerá o Pregón de Nadal. /Foto: Ángeles Rodríguez.

 

A presentación do programa tiña lugar na mañá deste venres 10 de decembro no salón parroquial, coa presenza do propio párroco, acompañado polo vicario parroquial Daniel Pérez, pola presidenta do Orfeón Mª  Luisa Álvarez e a responsable de xoguetes solidarios de Cáritas Aurora Silvia.

No acto, o sacerdote explicou que a recollida e entrega de xoguetes solidarios de Cáritas, será nos baixos da igrexa o día 22. “Previamente xa se foron apuntando as persoas e é importante saber as idades dos nenos para que os voluntarios vaian facendo os paquetes”, dixo, incidindo en que os xoguetes que teñen son para nenos de ata 10 anos. Este ano por cuestión sanitaria tampouco haberá exposición dos xoguetes. “Serán os pais os que recollan os xoguetes”.

Outra novidade deste ano será o Triduo ao Neno Xesús, especialmente protagonizada pola comunidade hispana-latina con moitos membros que viven no Barco, os días 20, 21 e 22 en Santa Rita, diante do Belén, onde se colocará o Neno o día 24 “despois da última celebración eucarística”, explica o párroco, asegurando que queren que a igrexa de Santa Rita esté aberta todo o día para todo aquel que queira achegarse non só nos momentos de culto senón para poder ver o nacemento e desfrutar da decoración navideña, da iluminación porque “o templo vai estar cheo de cor e sobre todo de luz que é o símbolo do Nadal”, dixo, lembrando que a igrexa de San Mauro tamén estará adornada pero unicamnete se abrirá para os cultos.

Artigos relacionados

Back to top button