Publicidade
EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O director editorial da “Guía Peñín” cata os viños valdeorreses

Destacaba o potencial de envellecemento dos viños brancos deste denominación de orixe ourensá
O director editorial da “Guía Peñín”, durante a súa visita a Valdeorras.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras recibía na mañá do 6 de xuño a visita de Javier Luengo, director editorial da prestixiosa “Guía Peñín”. Desprazábase ata a sede deste organismo para catar os viños de Valdeorras correspondentes, principalmente, á última colleita. Os brancos e tintos que obteñan maiores puntuacións referenciaranse na vindeira edición da publicación, que se editará previsiblemente no último trimestre do ano. Ao rematar a cata, Luengo destacaba o potencial de envellecemento dos viños brancos de Valdeorras. “Cremos que esta é unha vía de crecemento que paga a pena explorar”.

Asemade confesaba sentirse “sorprendido” pola capacidade de envellecemento dos brancos da zona. “Entendemos que as adegas da D.O. deberían comezar a valorar crianzas longas en botella dos seus brancos, de máis de dous anos”. E engadía que cada vez hai unha maior crianza de viños brancos “sobre lías” na comarca.

En canto á colleita de 2016, o director editorial da “Guía Peñín” sinalaba que “malia a dureza do ano, motivada polas inclemencias meteorolóxicas, a variedade godello comportouse de forma óptima. Conservan moi ben os seus trazos varietais malia ter sido un ano tan complicado”.

En relación aos tintos, Luengo apuntaba que se percibía unha maior heteroxeneidade. “Hainos con sensacións moi pálidas, outros moi frescos e outros con trazos de verdor un pouco marcados. Os viños da zona reflicten moi ben os seus trazos en función de como foi o ano climático”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close