OurenseÚltima hora

O director xeral da Policía visita a comisaría provincial de Ourense

O director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, na comisaría ourensá.
O director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, na comisaría ourensá.

Na mañá do 16 de outubro o director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, visitaba por primeira vez á comisaría provincial de Ourense. No seu percorrido por estas instalacións reuníase cos responsables policiais. Cosidó estivo acompañado, entre outras autoridades, polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

Nesta visita Ignacio Cosidó anunciaba aos medios de comunicación a “vontade” de poñer en marcha unha unidade de prevención e reacción (UPR) para responder a situacións de emerxencia na cidade de Ourense, ao igual que xa existe noutras cidades galegas”.

O director xeral da Policía desprazábase ata Ourense tras participar no acto inaugural da la Asamblea General Anual da Rede CARIN, que tiña lugar en Santiago de Compostela. O evento reunía a 120 expertos internacionais de distintas xurisdiccións e organizacións co fin de analizar o intercambio de intelixencia financeiera para loitar contra o crime organizado.

Cosidó estivo acompañado por outras autoridades como o delegado do Goberno en Galicia e o subdelegado do Goberno en Ourense.
Cosidó estivo acompañado por outras autoridades como o delegado do Goberno en Galicia e o subdelegado do Goberno en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button