EconomíaEconomíaÚltima hora

O director xeral de Agricultura achégase á produción de aceite en Quiroga

Na mañá do 1 de outubro o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitaba o municipio Quiroga co fin de coñecer in situ como é a súa produción de aceite de oliva.

O seu percorrido polo municipio, no que estaba acompañado polo alcalde Julio Álvarez, iniciábase na almazara tradicional das Farrapas de Bendilló, que cada primavera se pon en funcionamento no marco da Mostra do Aceite de Quiroga. Logo achegábase ata Bendollo para visitar un oliveiral no que a maioría das plantas son de castes autóctonas, brava e mansa.

Ademais o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias visitaba unha almazara moderna. Balseiros amosaba o seu apoio a todos os produtores de aceite e destacaba o gran potencial co que conta o val de Quiroga para acadar un produto de calidade.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close