ConcellosQuirogaÚltima hora

O director xeral de Inclusión Social pon á poboación xitana de Quiroga como exemplo de integración

 

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, achegábase o venres ata Quiroga para manter unha xuntanza co alcalde deste municipio, Julio Álvarez. O obxecto da xuntanza era tratar diferentes cuestións relacionadas coa Área de Inclusión Social, fundamentalmente liñas de actuación da poboación xitana.
Precisamente por este motivo desprazáronse ata o poboado do Toucedo onde se mantivo un encontro coas familias xitanas. Arturo Parrado dixo levar “unha grata impresión” desta visita porque se ve “un barrio integrado no que se está traballando coas persoas”. Engadiu que estes veciños “ están integrados na vila de Quiroga, son parte xa da vila e eso é algo moi importante”. Rematou dicindo que “esto é un exemplo de como hai que traballar dende o punto de vista da inclusión e a integración”.
A visita, na que tamén participou o xefe territorial de Política Social, Javier Vázquez, serviu para ver aquelas cuestións que se poden apoiar dende a Xunta de Galicia orientadas a favorecer a calidade de vida das persoas que máis o necesitan. Parrado tamén matizou que se falou sobre a convocatoria de axudas aos concellos que acaba de sacar a Xunta en materia de inclusión social.
Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button