CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O Distrito Forestal XIII celebra o Día da Árbore

Ademais de charlas divulgativas, que xa comezaron, terán lugar plantacións en diversos puntos do oriente ourensán

No CEIP “Virxen dos Remedios”  de Castro Caldelas e no Manuel Respino da Rúa impartíanse, os días 8 e 11 de marzo respectivamente,  dende o Distrito Forestal XIII unhas charlas divulgativas contra os incendios forestais. A primeira desta galería de fotos é de Castro Caldelas e as dúas seguintes son no centro rues. Está prevista unha conferencia máis, aínda que por agora non ten data concretada, no colexio trivés.

Estas actividades poden enmarcarse dentro da celebración do Día da Árbore no oriente ourensán. Ademais de cara as vindeiras semanas o Distrito XIII prevé realizar unha serie de plantacións en lugares como A Rúa e Castro Caldelas. Estímase que en total plantarase 106 árbores.

 

Fotos: cedidas polo Distrito XIII

 

Artigos relacionados

Back to top button