CulturaCulturaEducaciónSen categorizar

O Divina Pastora do Barco, nos concertos didácticos de órgano de Celanova

Un total de 96 alumnos do colexio barquense asistirán a esta xornada musical do martes 6 de maio
Imaxe dun dos concertos didácticos celebrados.
Imaxe dun dos concertos didácticos celebrados.

Co obxectivo principal de difundir o órgano entre os alumnos de música dos diferentes colexios e institutos de toda Galicia, o Concello de Celanova e a Secretaría Xeral de Cultura, organizaban un ano máis o ciclo de concertos didácticos de órgano, un programa cultural que este ano chega á sexta edición, co Coro Alto da igrexa monacal de Celanova como escenario.

Na xornada de mañá martes 6 de maio, serán os alumnos de tres centros ourensáns os que asistan aos concertos: 96 nenos do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras; 65 do IES Taboada Chivite de Verín; e 16 da Univ. Laboral de Ourense. Durante a actividade, o alumnado terá a oportunidade de coñecer o órgano e situalo dentro das familias dos instrumentos, identificar os elementos que o conforman, coñecer a evolución histórica e as técnicas do órgano celanovés, así como participar no concerto da man da profesora do conservatorio de música de Ourense e concertista de órgano, Marisol Mendive.

Os concertos de mañá contarán asemade coa asistencia do secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo e o alcalde de Celanova José Luis Ferro Iglesias.

Foto: cedida polo Concello de Celanova

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button