OurenseÚltima hora

O documental “Caminos de tierra” estrearase este xoves no Teatro Principal de Ourense

Trátase dun proxecto rodado con enerxías renovables, que narra a aventura de tres mozos ourensáns nunha viaxe por Europa cunha caravana autosostible

Presentación do documental “Caminos de tierra”.

 

O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, estrearase en Ourense o documental “Caminos de tierra”. A partir das 20h. no Teatro Principal, os espectadores poderán coñecer o resultado deste proxecto no que tres mozos ourensáns viviron a aventura de promocionar Ourense nunha viaxe por Europa cunha caravana autosostible para demostrar o potencial das enerxías renovables e o atractivo turístico da nosa provincia.

Este proxecto, presentado o 11 de abril de 2019, convértese no “primeiro documental rodado integramente con enerxías renovables, no que tres persoas percorreron en 45 días 11 países cunha caravana dos anos 80 que leva como lema “Caminos de Tierra” e con imaxes que promocionan a provincia de Ourense”, lembrou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar na presentación, asegurando que “apoiamos este proxecto desde o primeiro momento porque nos pareceu un medio importante de promoción da provincia, poñendo en valor, non só co seu discurso e coa súa información, senón co aspecto externo da caravana que amosa algunhas das cuestións máis importantes que representan á perfección o atractivo turístico da nosa terra, desde a Ribeira Sacra ao termalismo”.

 

Andrés Gonzalo, Manuel Baltar, José Antonio Quintas e Nacho Sola.

 

Trátase do primeiro documental rodado integramente con equipos cargados con enerxía solar. Para elo, a caravana empregada na aventura é un modelo de 1986 que foi restaurada e equipada por paneis fotovoltaicos con capacidade para cubrir as necesidades de electricidade da aventura e que está rotulada con algunhas das imaxe máis representativas de Ourense.

O resultado desta viaxe é unha produción que aglutina “turismo, poñendo a Ourense á cabeza entre as cidades máis representativas de Europa as cales poderemos ver na película, e tamén temos esa parte de aventura onde tres ourensáns recorren Europa durante 45 días, dando visibilidade a como Ourense contribúe coa sostibilidade” explicou o produtor, José Antonio Quintas.

Esta viaxe promocional, que conectou esta Galicia coa Galitzia polaca, discorreu por 11 países (España, Francia, Mónaco, Italia, Austria, Hungría, Polonia, República Checa, Alemaña, Países Baixos y Bélxica) en 45 días, co obxectivo de “poñer en valor e deixar testemuña do potencial das enerxías renovables aplicadas ao transporte e do atractivo turístico da provincia de Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close