CulturaCulturaÚltima hora

O documental “En deuda con todas”, o 12 de xuño na Veiga

 

O 12 de xuño proxectarase o documental “En deuda con todas. Unha historia sobre a penalización do aborto en El Salvador” no Auditorio de A Veiga (Sala O Toural), ás 18.30. Esta acción está organizada pola Asemblea de Cooperación pola Paz Galicia en colaboración co colectivo Rural Mutante.

Este é un “documental social” foi realizado en 2019 froito da colaboración entre ACPP Galicia, Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) e Aprocsal (Asociación de Promotores Comunales Salvadoreños).

Esta acción enmárcase dentro dun pequeno ciclo de proxeccións do documental que tivo as súas primeiras paradas en Betanzos e Lalín. A última será en Foz, en colaboración con Observatorio Mariña pola Igualdade, o venres 18 de Xuño, ás 20.30h, no Edificio CENIMA.

Para asistir será preciso inscribirse a través da seguinte ligazón https://n9.cl/3eyv ou co código QR do cartel.

O proxecto “Elas Deciden” de ACPP Galicia, financiado pola Xunta de Galicia comprende un amplo programa de actividades que se estenderán até o mes de setembro. Entre elas, cóntase este ciclo de proxeccións, a organización dun ciclo formativo para persoas vinculadas coa cooperación internacional sobre Decolonialismo con Enfoque de Xénero, charlas de activistas feministas de El Salvador, entre outras.

Artigos relacionados

Back to top button