CulturaCulturaÚltima hora

O documental “Lobos Sucios”, na ETS de Enxeñaría de Minas de Vigo

A proxección completarase cun coloquio no que participará o historiador valdeorrés Isidro García Tato
Cartaza deste documental, dirixido polo rues Felipe Rodríguez.
Cartaza deste documental, dirixido polo rues Felipe Rodríguez.

A extracción nazi do wolfram valdeorrés, o estraperlo, o traballo nas minas de Valborraz (Casaio)… Tras pasar polo Real Xardín Botánico de Madrid, o documental “Lobos Sucios”, dirixido hai dez anos polo valdeorrés Felipe Rodríguez, poderá verse agora na ETS de Enxeñaría de Minas de Vigo. A súa proxección está prevista para o martes 25 de outubro ás 16.00 horas no salón de graos da escola.

Trátase dunha iniciativa promovidad dende a Comisión de Normalización Lingüística da ETS de Enxeñaría de Minas e incluirá, ademais do pase desta peza, un coloquio co historiador valdeorrés Isidro García Tato, un dos expertos que participou na súa elaboración. Durante os 25 minutos do documental aparecen os testemuños do neto do preso andaluz Miguel Cardeñas, e do vicepresidente da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, Santiago Macías, entre outros. O traballo tamén se contaba coa colaboración de Eva Abal, neta do que fora mestre en Casaio, Tomás Terrón, así como de mineiros e traballadores que estiveron nas minas.

O historiador valdeorrés Isidro García Tato./ Foto: Carlos G. Hervella.
O historiador valdeorrés Isidro García Tato./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Pareceunos un tema interesante e que ademais, pola súa temática, encadra ben na escola”, recalcan desde a comisión. “Esta combinación de minería e historia de Galicia pareceunos que podería ser atractiva para o persoal e alumnado da escola, aínda que, por suposto, está aberta a todo o mundo que teña interese”, engaden.

Artigos relacionados

Back to top button