CulturaCulturaÚltima hora

O documental “Mar de Terra” de Kepa Junkera, na programación de ViBoMask

Proxectábase na tarde do 9 de xaneiro na Casa da Cultura de Viana do Bolo

Membros da Asociación Robreda, durante a presentación do documental.

Entre as actividades incluídas no programa do VI Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, que se desenvolverá en Viana e Vilariño de Conso do 9 ao 12 de xaneiro, estaba a proxección do documental “Mar de Terra”, un proxecto moi persoal do músico vasco Kepa Junkera.

A proxección tiña lugar ás 20:30h. do 9 de xaneiro na Casa da Cultura de Viana e ía precedida por unha presentación a cargo de Pedro Basalo, da Asociación Robreda, que estaba acompañado por outros membros desta entidade como Luis Basalo, Cristina Fernández, Jorge Domínguez “Minas”.

“Este documental é unha boa oportunidade para revalorizar o que temos e reflexionar sobre como nos ven dende fóra”, aseguraba Basalo, indicando ademais que achega “unha visión moi íntima do Entroido galego” e que isto en boa medida se debe á figura e ao enfoque que Kepa Junkera lle dá ao traballo “porque é unha persoa cun talante predisposto a escoitar e a aprender de todos. E, como el mesmo di na longametraxe, o que máis interesante lle parece son as emocións que esperta esta festa e a transformación que experimenta a xente cuando se viste de boteiro, cigarrón, peliqueiro, oso de salcedo, figuras do Entroido Ribeirao…”.

O traballo aproxímase a diferentes Entroidos da provincia de Ourense como os de Viana do Bolo, Laza, Xinzo, Vilariño de Conso e Manzaneda. Tras o visionado do filme, Pedro Basalo volvía intervir sinalando que este traballo “rodouse en Viana un Martes de Entrudio” e reivindicando “a recuperación dese día grande, que dende hai uns anos en Viana foi perdendo forza no desfile de fulións da mañá e sobre na fariñada da tarde”.

 

Pedro Basalo, durante a súa intervención.

 

Ademais Basalo plantexaba que se o día festivo en Viana “pasase do Mércores de Cinsa ó Martes (como se facía tradicionalmente), non só gañaríamos en ambiente de Entrudio, senón que tamén estaríamos reivindicando a tradición, pois orixinalmente, sobre todo nas aldeas, a festa facíase ó longo de todo o día ata a queima dos lardeiros. Ademais, sería un día moi sinalado para a recuperación das comparsas”.

Fotos cedidas por Pedro Basalo.

 

Cartaz do documental “Mar de Terra”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close