CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O documental “Mar de Terra”, de Kepa Junkera, proxectarase hoxe en Vilariño de Conso

Kepa Junkera, cos Boteiros de Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partir das 18h. deste Luns de Entroido a praza de Vilariño de Conso acollerá a proxección de “Mar de Terra”, un documental no que o músico vasco Kepa Junkera para unha persoal viaxe polo corazón do Entroido tradicional galego, percorrendo lugares como Viana do Bolo, Manzaneda ou Vilariño de Conso.

Será precisamente neste último municipio onde esta tarde se proxectará este documental dirixido polo realizador ourensán José Antonio Blanco e con música orixinal de Junkera. Será a partir das 18h. na praza de Vilariño de Conso e contarase coa presenza do seu director. Trátase dunha das actividades incluídas na celebración deste Entroido 2022.

 

Artigos relacionados

Back to top button