CulturaCulturaÚltima hora

O documental ourensán “‘Frankenstein-04155”, mención especial na Seminci

Este traballo sobre o accidente de Angrois, dirixido por Aitor Rei e producido por Boneca Lareta, competía na sección de documental “Doc.España”
Simone Saibene (da distribuidora Noveolas), Francisco Sierra (plataforma de vítimas) e o director do documental, Aitor Rei, na Seminci./ Foto cedida.
Simone Saibene (da distribuidora Noveolas), Francisco Sierra (plataforma de vítimas) e o director do documental, Aitor Rei, na Seminci./ Foto cedida.

Recoñecemento ourensán na 60ª edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Valladolid (Seminci), que remata o 31 de outubro. O documental “Frankenstein-04155”, do director ourensán Aitor Rei e producido por Boneca Lareta, vén de lograr unha mención especial (que comparte con “La selva inflada”) na sección de documental “Doc.España” deste certame, cuxo primeiro premio recaía en “Filosofia a la presó”.

“Frankenstein-04155”, que aborda o accidente ferroviario do Alvia no barrio compostelán de Angrois, tiña unha gran acollida na Seminci, na que se estreaba o 27 de outubro. A película, foi impulsada pola plataforma de vítimas e financiada a través de aportacións de particulares mediante unha plataforma de crowdfunding.

Simone Saibene e AitorRei con FernandoTrueba e AnxoGraña./ Foto cedida.
Simone Saibene e AitorRei con FernandoTrueba e AnxoGraña./ Foto cedida.

A productora e distribuidora ourensá Noveolas, de Simone Saibene, está xestionando a súa distribución. En breve este documental terá datas de estrea en cines das principais cidades españolas, incluíndo Ourense, en decembro. Entre tanto, “Frankenstein-04155” ten xa confirmada a súa participación noutros dous festivais en noviembre: o Festival do Cine Europeo de Segovia e Cineuropa en Santiago de Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button