CulturaCulturaÚltima hora

O documental “Pegadas”, que recolle as vivencias de 70 vianesas, proxectarase o 6 de agosto na praza Maior da vila

Unha das imaxes do documental “Pegadas”.

 

Constitúe un relato de relatos, de recordos de acontementos de tempos pretéritos contado en primeira persoa polas súas protagonistas: as mulleres vianesas. “Pegadas” é un documental que recolle as vivencias dunhas 70 mulleres (a maior parte delas de 70 anos e algunhas incluso nonaxenarias) de boa parte das aldeas do municipio de Viana que falan de como era tempo atrás a vida, dos traballos, das tradicións, das festas, da natureza, de sentimentos…

Este documental, promovido pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Viana do Bolo e polo Centro de Información á Muller, estreábase cunha excelente acollida en decembro de 2021. Agora neste tempo de verán proxectárase ao aire libre nunha sesión prevista para mañá 6 de agosto ás 22:30h. na praza Maior de Viana do Bolo.

 

 

Detrás deste traballo, que conta co financiacimento dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, está un equipo formado por Andrés Ortiz, Isabel González, Sara Feijóo, Nuria Paz e Ramona García.

Esta proxección está incluída dentro dos actos do Verán Cultural de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button