CulturaCulturaÚltima hora

O documental sobre os encoros no río Sil estréase mañá na Rúa

A proxección do traballo do petinés Domingo Díaz será ás 20:30h. no Centro Cultural Avenida
O alcalde da Rúa, Luis Fernánez e o autor do documental, Domingo Díaz.

Rodado en localizacións da Rúa, O Bolo, Vilariño de Conso ou Os Peares, así como noutras zonas de Lugo como Quiroga e Ribas de Sil, e León como Babia, Laciana e O Bierzo, o documental “O desafío do Sil” xira en torno aos numerosos encoros que ateigan a conca deste río, un tema polo que o seu autor, Domingo Díaz Docampo sempre sentiu curiosidade.

En Petín, a súa localidade natal, Saltos do Sil construía un poboado e tamén o colexio onde el mesmo estudou. Incluso algúns dos seus profesores traballaban nesa empresa. “Da historia do Sil atraénme moitas cousas: a audacia duns empresarios que souberon adiantarse a súa época e ver as posibilidades de negocio, a xenialidade duns novos enxeñeiros, con apenas experiencia que construíron obras pioneiras en Europa; e a capacidade de esforzo e entendemento de todos os directivos e empregados para salvar calquera obstáculo. E, sobre todo, o cambio social e económico que significou a presenza das obras en núcleos, ata entón, exclusivamente rurais”, si o autor.

Despois de presentarse a mediados de novembro no Festival Cineuropa en Santiago, Díaz Docampo compartirá a longametraxe documental cos valdeorreses, coa estrea mañá 5 de decembro ás 20:30h. no Centro Cultural Avenida da Rúa. A entrada será por invitacióne e haberá dous novos pases os días 6 e 7 de decembro ás 20:30h. nesa mesa sala.

A presentación da estrea tiña lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello da Rúa por parte do propio Domingo e do alcalde rues, Luis Fernández Gudiña.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button