ConcellosTrivesÚltima hora

O documental “Xela Arias, poeta nas marxes”, este sábado en Trives

 

O vindeiro sábado 29 de maio ás 19h e ás 20h. o Auditorio Municipal Julio Vázquez de Trives acollerá o documental “Xela Arias, poeta nas marxes”, de Beatriz Pereira. Este traballo audiovisual percorre a vida e obra da homenaxeada no día das Letras deste ano, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega. Tiña múltiples faces, entre elas unha faceta rockeira, escribindo letras para os Desertores.

Esta proxección pecha o ciclo de actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas no Concello de Trives. Para asistir é preciso facer reserva na oficina de turismo porque as prazas son limitadas.

Artigos relacionados

Back to top button