ConcellosÚltima hora

O DOG publica as novas medidas sanitarias e os niveis de restricións nos concellos galegos

 

A primeira hora desta tarde veñen de publicarse no Diario Oficial de Galicia as novas medidas sanitarias que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro. Trátase do Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio galego para facer fronte á crise sanitaria e da ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na orde establécense, entre outras cuestións, os tres niveis nos que se sitúan os concellos galegos en canto a restricións, tendo en conta a súa situación epidemiolóxica. Así entre os municipios con nivel de restrición máxima figuran os ourensáns da Gudiña, A Peroxa e Toques.

Concellos con nivel de restrición alta da Área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: Bande, Beade, Celanova, Merca (A), Mezquita (A), Punxín, Sandiás, Taboadela, Viana do Bolo, Verea, Xunqueira de Espadanedo,

Concellos ourensáns con restrición media: Allariz, Amoeiro, Arnoia, Avión, Baltar, Baños de Molgas, Barbadás, Barco de Valdeorras (O), Beariz, Blancos (Os), Boborás, Bola (A), Bolo (O), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Carballiño (O), Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Esgos, Irixo (O), Larouco, Laza, Leiro, Lobeira,Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Ourense, Paderne de Allaríz, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, Pobra de Trives (A), Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Rúa (A), Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sarreaus, Teixeira (A), Toén, Trasmiras, Veiga (A), Verín, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía.

O DECRETO 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

AnuncioC3B0-240221-3_gl(2)

A ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia pode consultarse aquí:

AnuncioC3K1-240221-5_gl

 

 

Artigos relacionados

Back to top button