En portadaÚltima hora

O DOG publica as restricións sanitarias que se aplicarán no Barco e en Ourense

Entrarán en vigor as 00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días

Imaxe do centro da vila do Barco.

 

A partir desta medianoite entrarán en vigor unha serie de restricións sanitarias do Barco decretadas dende a Consellería de Sanidade, ante a situación epidemiolóxica actual do municipio e que veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entres estas medidas destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.

“Ademais as terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior, con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez”, segundo o DOG.

Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Consulta as novas medidas que se aplicarán no Barco aquí:

AnuncioC3K1-300920-5_gl

O DOG tamén recolle as medidas restritivas que se aplicarán no concello de Ourense, aquí:

Diario198-Bis_gl(1)

Artigos relacionados

Back to top button