En portadaÚltima hora

O DOG recolle as novas medidas restritivas da Rúa, entre elas, o peche perimetral

Unha das entradas á Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A pasada medianoite entraban en vigor as novas restricións fronte ao Covid de nivel medio e alto na Rúa e en Sarreaus, tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Estas medidas acordábanse na reunión que celebraba na mañá de onte o Subcomité Clínico de expertos que segue a pandemia do Covid-19 en Galicia.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

“A evolución epidemiolóxica e sanitaria de diversos concellos fai necesaria unha nova modificación da Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia”, tal e como recolle a Orde de Sanidade. Ademais indica que “o concello da Rúa, unha taxa a 14 días de máis de 340 casos por cada cen mil habitantes”.

Así na Rúa e en Sarreaus a hostalaría estará aberta ata as 17 horas, cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior e limítanse as agrupacións a un máximo de 4 persoas. Ademais queda restrinxida a mobilidade nocturna de 23:00 a 6:00h. e tamén hai limitacións especiais de mobilidade, cun confinamento perimetral.

 

Parte da Orde da Consellería de Presidencia, onde se menciona o peche perimetral do municipio da Rúa.

 

As medidas poden verse nas ordes de Presidencia e da Consellería de Sanidade publicadas o 11 de decembro. Ambos pode consultarse aqui:

AnuncioC3B0-111220-1_gl

AnuncioC3K1-111220-2_gl

Artigos relacionados

Back to top button