OurenseÚltima hora

O Domingo de Pascua, o Bispo de Ourense bendecirá á cidade dende a porta da Catedral

Porta principal da Catedral de Ourense.

 

Mañá, Domingo de Pascua, celebrarase a Resurrección do Señor, un acto que o Bispo de Ourense presidirá na Catedral, pero sen a presenza dos fegreses, confinados pola pandemia do coronavirus.

Así, ás 11:55 horas comezarán a soar as campás dos templos principais e a liturxia comezará ás 12h. E unha vez finalizada, en torno ás 12:45 horas, monseñor Lemos Montanet situarase na porta do Pórtico do Paraíso co Santísimo para bendecir á cidade e a todos os pobos da diócese, nestes difíciles momentos.

Tal como explican dende a Diócese de Ourense, a “bendición apostólica con Indulxencia Plenaria” que segundo o costume concede o Bispo ao finalizar esta misa, “trasladarase a outra data ao longo do ano para que poidan estar presentes os fieis”.

Artigos relacionados

Back to top button