CulturaMúsicaÚltima hora

O dúo de versións Soul & Roll no bar O Retorno da Rúa

Soul & Roll
Soul & Roll

O vindeiro venres 26 de febreiro, o bar O Retorno da Rúa acollerá a partires das 23:30h. un concerto a cargo do dueto de versións Soul & Roll.

Formado por Miguel Araújo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista, o directo deste dúo acústico é intenso botando man dun repertorio coñecido e escollido “coa intención de que o seu público se divirta e goce da música en directo”, explican dende Hermanager Producións. En canto a estilos, destacan o rock, o pop, o soul ou o blues, versionando a grupos internacinais como Police, U2, Bruno Mars, Bon Jovi… e tamén do pop español dos anos 80. Ademais das versións, Miguel e Tamara compoñen os seus propios temas cos que xa obtiveron recoñecementos, entre eles o 1º premio do Festival da Canción do Grove 2014 co tema “Detrás de tu ventana”.

Artigos relacionados

Back to top button