CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O dúo de versións “The Lioness Treasure” actuará este “Xoves de Terraceo”, en Trives

O concerto será a partir das 22 horas na praza Doutor Paz

Nerea Iglesias e Borja López forman “The Lioness Treasure”.

 

Continúan os “Xoves de Terraceo” na Pobra de Trives, o ciclo de música en directo e de pequeno formato, promovido polo Boliche e A Cantina do Catro, desta volta da man do dúo sarriao The Lioness Treasure que actuará este xoves 22 de xullo na praza Doutor Paz a partir das 22:00 h.

Formada polos músicos Nerea Iglesias á voz e Borja López á guitarra, ámbolos dous de Sarria, The Lioness Treasure é unha banda de versións creada en 2018, cuxo repertorio componse maioritariamente de temas que veñen de estilos tan distintos como o soul, o R&B, o pop, a música mexicana a portuguesa ou a galega.

Nerea e Borja son membros da Asociación Cultural Rúa da Música de Sarria e teñen tocado en salas carismáticas como o Clavicémbalo de Lugo e participado en programacións culturais en Galicia e en Asturias. Este ano acompañan coa súa música e voz as presentacións dunha exposición de Xela Arias que está percorrendo toda a provincia de Lugo co patrocinio da Deputación Provincial.

Artigos relacionados

Back to top button