CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O dúo Sabina & Cia porá música ao 6º aniversario do espazo Praia Fluvial de San Clodio

O concerto tributo a Joaquín Sabina comezará en torno ás 23:45 horas

Mañá, sábado 14 de xullo, o espazo Praia Fluvial de San Clodio (Ribas de Sil) celebra o seu sexto aniversario, e para festexalo ofrecerá unha promoción especial de viño dunha adega local pertencente á DO Ribeira Sacra coa presencia dun cocteleiro profesional.

Ademais, sortearanse numerosos agasallos entre os asistentes e como cada ano o broche final será un concerto. Nesta ocasión actuará o dúo Sabina & Cia, o conxunto tributo a Joaquín Sabina que chega por primeira vez a Ribas de Sil.

Moi habituais da zona de Vigo e a provincia de Pontevedra, David Resúa (guitarra e voz) e Lorenzo Boo (guitarra eléctrica e acústica) forman este grupo vigués cuxo espectáculo está baseado na representación da obra do compositor de Úbeda. “Esta banda tributo a Sabina leva rendendo homenaxe a ese ‘verso elaborado con arte’ ao longo e ancho da xeografía galega desde 2010 tocando en todo tipo de espazos: pequenos locais, salas de concertos, festas privadas, verbenas, auditorios…”, explican dende Hermanager Producións que por primeira vez traeos ata esta zona do sur de Lugo.

 

Cartel do aniversario.

Artigos relacionados

Back to top button