PolíticaÚltima hora

O edil nacionalista Secundino Fernández presenta no Xulgado de Paz de Viana un acto conciliatorio contra o PP do municipio

A deputada Noa Presas cos concelleiros do BNG en Viana Secundino Fernández e José Antonio Afonso, no exterior do Xulgado de Paz./ Cedida.

 

Na mañá deste 22 de setembro, Secundino Fernández, voceiro municipal do BNG en Viana do Bolo, acompañado de Noa Presas, deputada por Ourense o Parlamento galego e membro da Executiva Nacional; e de José Antonio Alfonso, concelleiro nacionalista, presentou no xulgado de paz de Viana un acto conciliatorio contra o Partido Popular de Viana do Bolo e Andrés Montesinos Rodríguez ante “a escalada de calumnias e ameazas dos últimos meses”.

Desde o BNG apunta que “xa desde antes da ilexítima moción de censura o PP de Viana adicábase a espallar calumnias e difamacións sobre o grupo municipal do BNG de Viana, especialmente sobre Secundino Fernández”.

Neste senso, a deputada Noa Presas asegura que “esta situación viuse agravada nos últimos meses”, por iso considera “inadmisíbel que a día de hoxe” nin o presidente do PP de Ourense, nin a dirección galega do PP desautorizase esta forma de actuar, “o que amosa unha concepción da política como un feudo no que quen pense diferente non ten dereito a existir”.

 

 

Secundino Fernández recalcou que “presentamos este acto conciliatorio ante as graves acusacións, ataques e ameazas que están fóra de calquera réplica política e que buscan amedrentar e amordazarnos. O BNG vai seguir sendo a voz das veciñas e veciños de Viana e seguimos e seguiremos traballando por Viana”.

Noa Presas reiterou o apoio da Executiva Nacional ao BNG de Viana e o agradecemento polo seu esforzo.

Artigos relacionados

Back to top button