EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal destaca a importancia na investigación

Nesta cita, investigadores da Eurorrexión tiraron diferentes conclusións para axudar ao desenvolvemento do sector
No acto de clausura léronse as conclusións desta xornada. // Foto: Carlos Asensio.

A Semana Vitivinícola e Enolóxica de Galicia pecha a súa primeira xornada co I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal. O director de EVEGA, Juan Manuel Casares, fixo un repaso polas conclusións que tiraron tras este encontro “que poden servir como folla de ruta para actuacións conxuntas”, dixo. Entre esas conclusións están, por exemplo, a conservación e estudo de variedades minoritarias de cultivo tradicional “que están a ser demandadas polo sector para a obtención de viños diferenciados”. O estudo e avaliación de factores que incorren na calidade da colleita; a viticultura de precisión “baseada na teledetección de dron e satélite, combinando con índices de vexetación”, dixo Casares. Tamén destacou a “creación de plataformas integradas de monitorización e avaliación de enfermidades do viñedo”; mo desenvolvemento de metodoloxías que permiten a eliminación de patóxenos no material vexetal e comercial; o terroir e zonificación agro-ecolóxica como un factor crítico de competitividade; a importancia do cambio climático así como a potenciación da utilización de subprodutos da industria vitivinícola como un valor engadido.

No acto de clausura tamén estivo o Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Manuel Pérez Dubois, que salientou a necesidade de potenciar esta “Eurorrexión produtora de viño” e asegurou que este encontro “serviu para continuar establecendo lazos e coñecementos adquiridos na materia”. Finalmente, quixo destacar a “importancia do enoturismo” como fonte económica dun sector que cualificou de “estratéxico” para a provincia. Unha idea que compartiu co vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. Canda eles, tamén estivo no acto a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

Texto: Carlos Asensio.

Back to top button