DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O encoro de San Martiño, na Rúa, acolle o selectivo de auga doce 2019

Dezanove pescadores da provincia de Ourense participan hoxe, 25 de agosto, no 1º día do campionato

Con certo retraso sobre a hora prevista por mor da treboada que descargaba na Rúa, nesta mañá do 25 de agosto, en torno ás 11:30h. comezaba no encoro de San Martiño o 1º día do campionato selectivo de auga doce 2019.

En total son dezanove (tamén hai dous nenos) os pescadores de toda a provincia de Ourense que participan nesta primeira sesión. A segunda será o 15 de setembro e trala media dos dous días saíran os tres finalistas que participarán no campionato de España.

Se o tempo o permite (a sombra da treboada mantense sobre Valdeorras), o campionato consta de dúas mangas, unha de mañá e outra de tarde, cambiando de postos en cada unha delas.

Entre os participantes, hai unha boa representación da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras con sete pescadores (entre eles o presidente José Manuel Pinto), e tamén está o presidente do Comité de Auga Doce Pedro Bolaño.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button