ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O enduro triunfa en Quiroga

Máis de 140 participantes na última proba da Liga Galega da Moto de Campo

Pasadas as once e media da mañá do domingo 22 de novembro saía o primeiro dos máis de 140 endureiros que se deron cita en Quiroga. A partires de aí, un a un, foron completando o circuíto da primeira especial, antes do percorrido polo monte lucense.

A mañá amencía chuviosa e con néboa o que obrigou á organización a variar o trazado. Con todo, o mal tempo non impedíu que numeroso público se achegara para ver o espectáculo sobre dúas rodas.

Entre os parcipantes houbo pilotos de toda Galicia que loitaron pola puntuación final, varios de Valdeorras. O final da proba, a última da Liga Galega da Moto de Campo, estaba prevista en torno ás cinco e media da tarde.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button