ConcellosÚltima hora

O Entroido, abordado na Xunta Local de Seguridade en Xinzo

As estatísticas analizadas na reunión amosan una tendencia estable tanto no cómputo de faltas como de delitos en 2014 nesta zona ourensá
Xunta Local de Seguridade celebrada en Xinzo o 6 de febreiro.
Xunta Local de Seguridade celebrada en Xinzo o 6 de febreiro.

A  Xunta Local de Seguridade de Xinzo mantiña unha reunión na mañá do 6 de febreiro. Tiña lugar no Concello e estivo co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e polo tenente de alcalde do de Xinzo, Manuel Cabas López. Na reunión tamén participaban membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

No decurso da xunta analizáronse os informes  en materia de seguridade que afectan aos concellos de Xinzo da Limia, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás e Vilar de Santos. Os datos aportados  amosan una tendencia estable tanto no cómputo de faltas como de delitos no ano 2014, tras a notable baixada do total de infraccións penais; un 21,4 %, en 2013, segundo se informa dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

Outra das cuestións abordadas neste encontro foi o dispositivo de seguridade que se vai pór en marcha durante o Entroido neste municipio; que se concretou nunha planificación detallada de efectivos e medios, debidamente coordinados para que as actividades programadas dentro destas celebracións se desenvolvan con normalidade.

Con respecto a isto, o subdelegado do Goberno, manifestaba que agarda que esta importante celebración para Xinzo e a súa comarca “siga a servir de exemplo de comportamento festivo cívico e cordial, entre tódolos veciños e o gran número de visitantes que veñen de fora”.

Artigos relacionados

Back to top button